fbpx

Está o termo big data afastado da peme?

Está o termo big data afastado da peme?

Nos tempos que corren, non resulta nada innovador escoitar falar sobre o big data, esa tecnoloxía que permite a análise de grandes volumes de datos, o que lle facilita a toma de decisións á empresa que o utiliza. As enquisas trasládannos a idea de que as empresas, independentemente do seu tamaño ou grao de madurez, están cada vez máis interesadas no seu uso.

Dun dos últimos estudos realizados no pasado 2016 conclúese que un 40% das empresas en España implantaría tecnoloxías de big data en 2018 e un 48% investiría en solucións da internet das cousas (IoT). E, nun período máis próximo, finais de 2017, especúlase que o crecemento dos ingresos procedentes de produtos baseado en datos será o dobre do crecemento do resto de produtos e solucións ofrecidos polas empresas.
A continuación expomos cinco aplicacións que apoian a utilidade do big data na peme:

  • En operacións, pois existe a posibilidade de levar a cabo unha redución dos custos e un aumento na eficiencia dos procesos.
  •  En loxística, mediante o control do inventario en tempo real, o que supón un grande aforro e a posibilidade de optimizar o servizo á clientela.
  • En seguridade, grazas á identificación de vulnerabilidades de seguridade existentes, o que permitiría evitar fugas de datos sensibles ou información confidencial.
  •  Nas vendas, pois a través dos datos obtidos teremos un maior coñecemento da clientela (hábitos de consumo, historial de compras…), o que posibilita o deseño dunha oferta altamente adaptada ás súas necesidades que dá lugar a unha mellor experiencia de compra.
  • Na detección da fraude, pois coas procuras de correlación en tempo real é posible identificar fraudes e alertar sobre elas.

En conclusión, é importante ter claro que a tecnoloxía big data non é exclusiva das grandes empresas, é un gran potencial para calquera negocio. Apoiándose noutras tecnoloxías como o cloud computing, ofrece unha escalabilidade a un custo razoable.
Se a vosa peme está interesada na implementación de solucións tecnolóxicas orientadas á industria 4.0 ou ben na súa posta en marcha, na sección web do programa Re-acciona TIC poderedes consultar os diferentes servizos ofertados para cubrir as devanditas necesidades.

Fonte: www.expansion.com; www.camara.es