fbpx

Coñece as últimas tendencias en contidos dixitais no Dico Summit 2017

Coñece as últimas tendencias en contidos dixitais no Dico Summit 2017

A Amtega, en colaboración co Cluster Audiovisual Galego e o Clúster TIC Galicia, organiza o Dico Summit 2017, un evento no que profesionais, empresas da economía dixital e tecnolóxica e estudantes poderán coñecer as últimas novidades no tocante aos contidos dixitais. Neste encontro abordaranse as oportunidades de negocio que ofrecen os contidos dixitais e o seu papel como dinamizador dos sectores económicos.

O Dico Summit 2017 contará con paneis e intervencións de entidades e profesionais, showroom e un espazo de networking.
Dita cita terá lugar os días 24 e 25 de xaneiro no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia.

Para máis información e formalización da inscrición podedes visitar a seguinte ligazón.

Tags:
, ,