fbpx

A busca de emprego na era dixital

A busca de emprego na era dixital

Xa quedou atrás ir empresa por empresa entregando o currículo en man. Aínda que é unha práctica que algunhas persoas seguen empregando, nos tempos que corren a maioría das empresas empregan internet para atopar candidatos e xestionan os currículos de maneira dixital. Pois, que sentido ten acumular centos de folios cando se poden ter estes datos neste formato? Deste xeito, buscar emprego por internet convértese nunha forma bastante estendida para atopar un posto adecuado ao noso perfil. Cos portais que temos dispoñibles podemos atopar multitude de ofertas. Pero, como se leva a cabo esta busca? A continuación poñemos en coñecemento algunhas das máis populares entre os candidatos:

Buscar nas propias páxinas web das empresas. Moitas empresas empregan a súa propia páxina web para publicar as ofertas de traballo, polo que poderemos atopar aí ofertas que non estarán noutros lugares. Poderás atopar en moitas webs unha sección de “Traballa connosco” onde publican os postos que están intentando cubrir.

Empregar portais específicos de emprego. Existen multitude de portais pensados para publicar ofertas de traballo por parte das empresas e para aplicar as devanditas ofertas por parte dos demandantes de emprego. Neste caso podemos distinguir páxinas xeralistas (Indeed, Infoempleo…), onde se ofertan todo tipo de empregos, e páxinas específicas, onde se ofertan empregos dun sector ou dunhas características concretas (Turijobs, Hacesfalta.org…). Tamén podemos acceder ás redes sociais profesionais como LinkedIn ou Infojobs, onde ademais de ter ofertas e demandas de emprego, os profesionais poden elaborar a súa rede de contactos.

Interactuar nas propias plataformas cos recrutadores. Nas redes sociais profesionais é importante estar activos e interactuar cos recrutadores. Como podemos facelo? Por exemplo, una forma sinxela sería estar activos en grupos de debate do noso sector. Posiblemente teremos algún recrutador entre eles. Tamén podemos engadilos á nosa rede para comezar o contacto.

Networking. Os contactos son necesarios para mellorar a nosa carreira profesional e conseguir boas oportunidades. No mundo dixital tamén podemos facer networking con profesionais do noso sector empregando as redes sociais profesionais mencionadas anteriormente como LinkedIn ou Infojobs. Compartir información cos nosos contactos, facer colaboracións xuntos, recomendar a outros profesionais…moitas son as posibilidades de networking.

Como podedes ver, a busca de emprego na era dixital ofrece numerosas posibilidades e vantaxes, partindo da numerosa información que recibe o candidato nas diferentes plataformas de emprego, ata a ampliación da nosa rede de contactos para poder acceder dunha forma máis directa a oportunidades laborais, vantaxes que sen tecnoloxía serían impensables.