fbpx

Por que contar cun millenial no teu cadro de persoal?

Por que contar cun millenial no teu cadro de persoal?

Atopámonos na era da dixitalización e, sen dúbida, un dos principais retos dos directivos das organizacións é levar a cabo a integración do talento dos coñecidos “millenials”, esa xeración de mozas e mozos que se fixo adulta co cambio de milenio e que, segundo as previsións, no 2025 suporá o 75 % da forza laboral do planeta. Pero a característica máis importante coa que conta esta xeración é a súa intuición á hora de afacerse coas tecnoloxías, motivo polo que se consideran clave para que as organizacións acaden a súa transformación dixital.

Certo é que na actualidade as empresas son conscientes da necesidade de afrontar nun prazo curto a transformación cara a un novo escenario dixital, pero do que non o son tanto é dos perfís que necesitan para conseguilo.

A continuación expoñemos tres razóns polas que unha organización debería contar con estes nativos dixitais no seu cadro de persoal:

Amplo coñecemento dixital: os millenials destacan pola súa capacidade á hora de desenvolverse de forma autónoma no contorno dixital. Estes dedican máis de 25 horas á semana a medios en liña, o que os converte en grandes usuarios das redes sociais: falan, escoitan e comunícanse a través delas.
Axilidade na xestión da información: o uso activo das novas tecnoloxías diferencia estes mozos das xeracións precedentes, especialmente pola necesidade de compartir información. Contan cunha gran capacidade para buscar, avaliar, organizar e compartir información en contextos dixitais.
Reciclaxe continua: se hai algo que caracteriza os millenials é o seu alto nivel de formación, acompañado polo afán de “estar á última”. Contan cunha gran capacidade para xestionar a aprendizaxe de maneira autónoma, de maneira que lles permita coñecer e utilizar os recursos necesarios para estar ao tanto nas tendencias dixitais do momento.

En resumo, queda claro que estamos diante dun grupo laboral dixitalmente experto, ambicioso, pero sobre todo “inquieto”. O millenial buscará sempre novos desafíos, novos retos, polo que a recomendación é que a empresa non só deberá estar pendente de como atraelos, senón tamén de como retelos.

Fonte: www.rrhhdigital.comwww.puromarketing.comactualidad.rt.com