fbpx

O papel do bolseiro Re-acciona como apoio e reforzo do programa

O papel do bolseiro Re-acciona como apoio e reforzo do programa

Tanto se formades parte dunha empresa que solicitou os servizos Re-acciona como se vos atopades valorando solicitalos, seguramente estades ao tanto de que o programa ofrece a posibilidade de incorporar un bolseiro durante o desenvolvemento do proxecto de mellora. E o certo é que dende a primeira edición de Re-acciona, aló polo ano 2012, xa son máis de 200 os titulados galegos que colaboraron coas consultoras prestadoras dos servizos.

Estes servizos, baseados na implicación do equipo de xestión e orientados á aprendizaxe, necesitan en moitas ocasións contar cun reforzo adicional, e é aquí onde o bolseiro cobra protagonismo desempeñando un papel fundamental na implantación do proxecto.

bolseiro_reacciona_1

Os titulados universitarios teñen a oportunidade de participar no deseño, a avaliación e a execución de proxectos de mellora de pemes acollidas ao programa. Esta colaboración, que xorde entre a empresa e o bolseiro, ten un dobre beneficio: por un lado, permítelle ao titulado adquirir unha formación teórico-práctica en diferentes ámbitos da xestión empresarial baixo a tutela dos axentes colaboradores e ampliar as súas posibilidades de inserción laboral; polo outro, permítelle á empresa implantar o proxecto de mellora competitiva dun modo máis sinxelo e con maior éxito.

“Máis do 50 % dos bolseiros do programa Re-acciona atopa emprego xusto ao rematar o seu período de formación”

bolseiro_reacciona_2

Gráficos memoria de resultados Re-acciona 2013-2015