fbpx

Como mellorar a competitividade en liña da túa peme en nove pasos

Como mellorar a competitividade en liña da túa peme en nove pasos

Se a competitividade, en termos xerais, xa supón unha incesante loita para as pemes, o asunto complícase cando tratan de abordar a competitividade en liña. E é que xa non só loitan contra opoñentes locais, rexionais e/ou nacionais. Con internet as barreiras rompen, o mercado globalízase e, por tanto, a pugna amplíase, de tal maneira que calquera empresa de calquera parte do mundo se converte, de súpeto, nunha seria competidora.
Ofrecémosvos unha secuencia de nove pasos que vos axudarán a mellorar a competitividade en liña da vosa peme:

1- Definir unha estratexia clara: é o primeiro paso e o máis importante. É a folla de ruta de calquera plan ou acción. Debe estar perfectamente definida e orientada á consecución dos obxectivos marcados. Así mesmo, ten que ter un carácter práctico e aplicable, para que poida desenvolverse e comunicarse eficazmente.
2- Análise dos competidores: identificar quen son, que e como comunican. Todo. Has de saber cales son os seus puntos fortes e os débiles para tentar reforzar os da vosa peme en consecuencia.
3- Potenciar as diferenzas: é moi importante saber buscar e aproveitar os feitos diferenciais da vosa peme. Se sabedes aproveitar o que a diferencia para ofrecerlles un valor engadido aos clientes, teredes a metade do camiño gañado.

Aproveita o que te diferencia para ofrecer un valor engadido

4- Seleccionar o target: tede moi claro quen son os vosos clientes. É dicir, que é o que vos fai gañar diñeiro. Cómpre segmentar, identificar e concentrar os esforzos. Só así obteredes un mellor posicionamento e rendibilidade.
5- Os clientes sempre teñen a razón: deben ser sempre o centro da estratexia, pois son os que van decidir se elixen a vosa empresa ou non. Na actualidade, e sobre todo no mundo en liña, menos é máis.

No mundo liña, menos é máis

6- Investimento en SEO: se non estades en Google, non existides. Poñerse en mans de especialistas, lonxe do que todos pensan, sae máis barato. Este non é un traballo que poida facer o fillo do amigo, por moi experto que sexa en RRSS.

7- Fuxir do autobombo en redes sociais: a competitividade en liña depende, en gran medida, do que os demais falen de ti. A estratexia en RRSS debe ir orientada a xerar tráfico á vosa web e a crear unha imaxe boa e ben situada. Isto levaravos a aumentar as vendas. Ter presenza en redes sociais non supón hoxe un feito diferenciador. Non basta. É hora de darlle un plus de calidade e profesionalidade aos vosos perfís.

Ter presenza en redes sociais xa non é un feito diferenciador

8- Vixiar os prezos da competencia: é un dato moi importante, posto que se non ides poder ofrecer un prezo máis baixo, teredes que ser o mellor noutros aspectos importantes para o voso target. Hai que gardarse sempre na manga a resposta á seguinte pregunta: por que teño que comprarvos a vós?
9- Unha imaxe vale máis que mil palabras, sobre todo en internet, o rei do audiovisual. Ter unha imaxe corporativa, atractiva, coidada e adecuada ás vosas necesidades é vital.

Fonte: marketing4ecommerce.net