fbpx

Os líderes tamén están feitos para as pemes

Os líderes tamén están feitos para as pemes

Liderado? Se nós somos unha peme! Iso é para as grandes empresas!?. Se estás á fronte ou formas parte dunha pequena ou mediana empresa e te sentiches identificado con esta afirmación, permítenos comentarche que ides polo camiño equivocado. E o certo é que a cultura organizacional e a boa administración non son aspectos exclusivamente adheridos ás grandes compañías.

Para unha peme é fundamental entender como crear un bo líder. Sen pretender ser un manual infalible, ofrecémosche unha lista cos 7 consellos que toda empresaria ou empresario á fronte dunha peme debe seguir para mellorar o seu liderado:

1. Tes que dedicar tempo a explicar o rumbo que queres para a túa empresa ás persoas de confianza: é importante testar con este grupo se a túa visión se adecua ás características globais e específicas da empresa.
2. Elabora un plan aberto: todo neste mundo cambia. A túa visión cambia, o contexto cambia, as persoas que che rodean cambian. Por que non ha de cambiar o teu plan de empresa? Renovarse ou morrer!
3. Sé consciente da túa rendibilidade: non se pode xestionar o que non se coñece.
4. Se queres que o teu persoal comprométanse coa túa empresa, fai que esta se comprometa antes con el: este feito supón máis que pagar o soldo. Un bo líder debe fomentar o sentido de pertenza de todas e cada unha das persoas traballadoras e colaboradoras da súa empresa.
5. Ser humano: isto é, podes, e debes dicir perdón e grazas; si e non cando corresponda.
6. Crea un bo clima de traballo: a cultura empresarial está directamente aliñada co resultado produtivo e sustentable. Un bo clima de traballo baseado no compañeirismo e o goce fomentará o desenvolvemento das potencialidades das persoas e, por tanto, da empresa.
7. Non limites a creatividade dos teus empregados: tes que darlles responsabilidade e que sexan eles os que, para ben ou para mal, asuman o que é levar as rendas dun proxecto e/ou equipo.

Fonte: gestiopolis, infobae