
22 Jul Coesco Deza
Posted at 10:42h
in De preto
Razón social: Coesco Deza
“Acolleuse ao programa ReAcciona para reforzar a súa competitividade, optimizando os seus procesos e consolidar a calidade e seguridade alimentaria dos seus produtos no ámbito da alimentación saudable”.
Coesco Deza conforma a división especializada en servizos de alimentación do Grupo Sociser, con 30 anos de experiencia na prestación de servizos sociais de proximidade. Dispón en Silleda dunha planta na que se elaboran e distribúen uns 8.000 pratos ao día para atender, en toda Galicia, as necesidades nutricionais de colectivos diversos, desde nenos a persoas maiores ou con dietas especiais.