
12 Apr Infonet
Razón social: Infonet
Servizo: Relanzamento comercial
Co apoio do programa ReAcciona Infonet desenvolveu plans de mellora que lle permitiron redefinir o seu negocio para abordar unha fase de relanzamento comercial.
Especializada en servicios TIC tanto no ámbito do soporte e mantemento de sistemas informáticos, como da protección e monitorización proactiva da seguridade da información, Infonet, con máis de 15 anos de experiencia no sector, decidiu comercializar agora o produto propio denominado Controlbox -www.controlbox.es-. Este produto innovador foi desenvolvido co apoio do programa ReAcciona e destinado a reforzar a seguridade informática das empresas e a facilitar que consigan un maior rendemento do seu capital humano, mellorando a produtividade e protexendo a súa información sensible.