
26 Aug Cofrico
Posted at 15:56h
in De preto
Razón social: Cofrico
Cofrico acolleuse ao programa ReAcciona co obxectivo de mellorar a súa competitividade con estándares internacionais de calidade e custo, mediante a implantación de novos procesos de compra e localización de provedores en mercados exteriores, ademais dunha aposta estratéxica para a fabricación, na súa planta de Bergondo, de eficientes equipos propios para a refrixeración e a climatización industrial.
O grupo Cofrico é líder español en instalacións de frío industrial e alimentario, que da emprego directo a máis de 150 traballadores, e está presente en mercados internacionais como Marrocos, Francia, Suiza ou Kazajstan.