
31 Oct Prosistemas
Razón social: Prosistemas
Servizo: Transformación de negocio
A compañía decidiu impulsar unha redefinición do seu modelo de negocio para seguir mellorando en competitividade, identificando, ao mesmo tempo, posibles aliados ou socios para proxectos futuros. Para este proceso, e coa idea de manter o liderado nacional e seguir medrando cara o exterior, conta co apoio do Igape a través do Programa Reacciona.
Prosistemas ofrece tecnoloxía de vangarda, apoiada nunha oficina técnica integrada por profesionais altamente cualificados e especializados en tratamentos e aplicacións especiais do formigón. A empresa traballa con e para construtoras, enxeñerías, gabinetes de arquitectura ou grandes superficies industriais e comerciais. Entre os seus clientes figuran grandes cadeas comerciais como Ikea, Inditex, Bricoking ou El Corte Inglés.