cabeceras-servicios-31
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

Este servizo pretende aumentar a competitividade da peme a través da consecución dos seguintes obxectivos:

NOVAS OPORTUNIDADES

Xeración de estratexias que permitan aumentar as vendas de forma sensible e continuada.

MELLORES RESULTADOS

Mediante unha correcta xestión das obxeccións dos clientes e un profundo coñecemento dos servizos e produtos.

COÑECEMENTO DO MERCADO

Análise das demandas dos clientes.

MAIOR NOTORIEDADE

Detectar os factores clave para vender os produtos con maior facilidade.

Planificación e organización

Aliñar o equipo comercial coas estratexias de venda.

INTERNACIONALIZACIÓN

Estudamos os mercados máis indicados para o produto ou servizo.

Establecerase a estratexia máis adecuada, que xere o máximo interese e aumente as vendas.

RESULTADOS

A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:

NOVOS CLIENTES

Contactamos con clientes potenciais e xeramos oportunidades.

SEGUIMENTO COMERCIAL

O argumentario de vendas permitirá obter mellores resultados de peche destas.

LIÑAS DE NEGOCIO ADAPTADAS

Adaptación do modelo ás demandas actuais.

POSICIONAMENTO DE MARCA

Comunicar dun modo efectivo o que representa a súa empresa con coherencia e honestidade.

Maiores resultados

Análise e control.

NOVOS MERCADOS

Priorización de mercados.

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes fases e comprende aproximadamente 16 semanas:

fases-lanzamento-comercial-34

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece en detalle o servizo de relanzamento comercial
Infografía do servizo de relanzamento comercial

ACCIÓNS

Desenvolveranse as seguintes actividades:

  • DEPARTAMENTO COMERCIAL EXTERNO

    Durante catro meses, chamamos a clientes potenciais e xeramos oportunidades.

  • CREACIÓN DUN ARGUMENTARIO DE VENDAS

    Documento clave para o correcto desenvolvemento da actividade comercial.

  • PLANS DE ACCIÓNS

    Definición e análise das tendencias do mercado.

  • PROTOCOLO DE FIDELIZACIÓN E SATISFACCIÓN

    Protocolos para obter mellores niveis de satisfacción e poder garantir a fidelización dos clientes.

  • ESTUDO DA IMAXE E O POSICIONAMENTO

    Análise do posicionamento actual da marca e opcións de mellora.

  • ESTUDO DE INTERNACIONALIZACIÓN

    Recomendacións baseadas en estatísticas e análises do equipo sénior de expertos en internacionalización.

Servizo personalizado e práctico. Deseñamos unha estratexia e executamos as accións necesarias para que os resultados cheguen canto antes.
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 686.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 1029.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 10 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 1372.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

As empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG-7-07-17

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

perfil-itc2-33
  • Empresa: International Team Consulting
  • Persoa de contacto: Raquel Maquieira
  • Teléfono: 981 551 726
  • Correo: rmaquieira@int-team.com