encabezado-servizos-tic1-03
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

Apoiar os primeiros pasos da empresa para a implementación dun proxecto tanxible vinculado coa Industria 4.0.

Abordar os desafíos específicos que xorden da aplicación práctica do concepto da Industria 4.0 á realidade do negocio

Construír capacidades para abordar con éxito o proxecto definido, e poder afrontar novos proxectos por si mesma unha vez finalizado o servizo de acompañamento inicial

Explorar novas oportunidades de negocio vinculadas ao paradigma da Industria 4.0.

RESULTADOS

Adquisición de competencias, capacidades e método para a implantación exitosa de proxectos orientados á adopción do paradigma Industria 4.0, a través dun proceso colaborativo e orientado a obxectivos entre empresa e consultor

Transformación de procesos, produtos e servizos que aproveiten todo o potencial que ofrecen os habilitadores dixitais e unha sociedade máis conectada, innovando no modelo de negocio da industria

Efecto demostrador interno e externo, a partir da experiencia que ofrece a implantación dun proxecto concreto e medible, axustado ás necesidades concretas da empresa, con resultados cuantificados e tanxibles no curto e medio prazo

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas:

fases-tic-02

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece en detalle os servizos Re-acciona TIC.
Díptico do servizo de posta en marcha de solucións Industria 4.0
Infografía do servizo de posta en marcha de solucións Industria 4.0

ACCIÓNS

Desenvolveranse diferentes accións:

Proba de concepto/prototipos

Definición proxecto I+D+i

Búsqueda financiación

Análise de solucións de mercado

Xeración de escenarios virtuais

Búsqueda de partners

Intermediación con proveedores tecnolóxicos

Replanteamento de modelos de negocio

Apoiamos o proceso de transformación dixital da túa empresa, tomando como base o itinerario definido no diagnóstico achegado
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

TARIFAS

O servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións industria 4.0 ten un custo total asumido polo IGAPE-AMTEGA de 7744 € que se financia mediante os fondos do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 1080.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (de 1 a 9 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 1620.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 2160.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG 26-10-16.

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

cabeceras-servicios-24-2-01