perfil-protocolo-17
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

A elaboración de protocolos familiares e a planificación da sucesión son os puntos centrais deste servizo, que pretende, en concreto:

CONFIANZA

Regular a situación da empresa familiar para lograr o necesario entendemento, confianza e identidade entre os membros da familia.

CONTINUIDADE

Evitar conflitos, discrepancias ou diferenzas no seo da empresa familiar que ameacen a súa continuidade mediante a comunicación, a información e o diálogo.

LEALDADE

Obter compromisos de lealdade á empresa e á familia.

UNIÓN

Evita a dispersión do capital e do poder.

ESTABLECEMENTO DE PAPEIS

Establecer as funcións dos distintos familiares, distinguindo entre propiedade e xestión.

FORMACIÓN E XESTIÓN DO COÑECEMENTO

Planificar a entrada e a formación dos máis novos e xestionar o coñecemento e experiencia dos maiores.

REPARTICIÓN DO PODER

Determinar a repartición do poder.

PRIORIDADES

Darlle prioridade á empresa fronte aos intereses dos familiares.

A consecución destos obxectivos axudará á empresa a perpetuarse ao longo do tempo e a evitar que un negocio de éxito non sobreviva ao cambio xeracional, consolidando as PEMEs e preparándoas para o futuro, o que constitúe un dos principais fins do programa Re-Acciona.

RESULTADOS

A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:

Asegurar o cambio xeracional

Perpetuar a empresa familiar ante os cambios xeracionais sen que se xeren conflitos que ameacen o seu futuro.

Protocolo familiar

Elaborar un protocolo familiar que conte co consenso necesario e que resulte eficaz.

Consello de familia

Constituír e regular o consello de familia.

Normas de incorporación

Normas de incorporación dos familiares aos cargos directivos e laborais da empresa e condicións económicas que rexerán a súa relación.

Consello de administración

Regular o acceso ao consello de administración.

Repartición de dividendos

Adecuar a repartición de dividendos á situación dos diferentes familiares

Regulación de réximes

Regular o réxime económico-matrimonial, de copropiedade e sucesorio no relativo ás accións da empresa, en caso de que resulte necesario.

Normas de transmisión

Establecer normas de transmisión das accións e dos dereitos inherentes a elas.

Relevos

Planificar a sucesión, a xubilación e o relevo no órgano de administración dos fundadores da sociedade.

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas e comprende aproximadamente unha duración de 8 semanas:

cabeceras-servicios-18

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece o servizo de plans e protocolos de empresa familiar
Infografía do servizo de plans e protocolos de empresa familiar

ACCIÓNS

Un total de 70 horas de consultoría a disposición da empresa para o desenvolvemento do protocolo familiar e das demais actuacións que se consideren oportunas, como a modificación de estatutos, a redacción do testamento do fundador e a súa esposa ou a regulación dun consello familiar, entre outras opcións que se estudarán en función da situación de cada empresa.

Adaptaremos o servizo ás necesidades da empresa familiar para planificar a súa pervivencia no futuro
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 926.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 1388.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 10 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 1851.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

As empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG-7-07-17

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

logo-perfil-paradacotelo-16
  • Empresa: Parada y Cotelo. Abogados y Asesores
  • Persoa de contacto: Pablo Parada Arcas
  • Teléfono: 881 06 82 65
  • Correo: pablo.parada@paradaycotelo.com