cabeceras-servicios-26
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

A mellora da competitividade implica ser capaz de darlles máis valor aos nosos clientes de forma duradeira. O servizo quere dar resposta a esta necesidade, alcanzando tres retos complementarios:

PROXECTO DE FUTURO

Decidir de forma compartida onde queremos ir como empresa e como queremos darlles valor aos nosos clientes.

PLAN DE MELLORA GLOBAL

Definir as accións que se van levar a cabo para dar valor de forma sostida e duradeira.

EQUIPO

Fomentar a implicación do equipo e desenvolver as súas competencias directivas.

RESULTADOS

A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:

PROXECTO DE FUTURO

Deseño estratéxico. Borrador de visión acordado e compartido polo equipo, que aclare que quere a empresa en relación co negocio, os resultados, modelos de crecemento, propostas de valor... Análise básica dos competidores.

PLAN DE MELLORA GLOBAL

Elaboración do modelo de obxectivos. Priorización e organización dos obxectivos e accións para favorecer o cambio estratéxico.

EQUIPO

Potenciación da figura do líder. Desenvolvemento das capacidades de liderado e xestión do equipo directivo. Fortalecemento do compromiso do equipo coa extratexia da empresa.

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes fases e comprende aproximadamente 12 semanas:

fases-plan-futuro-27

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece en detalle o servizo de plan de futuro empresarial
Infografía do servizo de plan de futuro empresarial

ACCIÓNS

Un total de 55 horas de consultoría a disposición da empresa para o desenvolvemento de dúas grandes fases:

  • REFLEXIÓN

    Apoiarémonos en metodoloxía propia altamente contrastada e en ferramentas que favorecen a reflexión e a aprendizaxe do equipo.
    A reflexión do equipo da empresa complementarase con coñecemento experto do equipo de consultoría e dun estudo básico da competencia.

  • PLANIFICACIÓN

    Establecer un modelo de obxectivos-accións básicas será a base para unha correcta programación e organización das metas que se queren conseguir.
    O deseño do plan integrará accións de cambio estratéxico con melloras operativas referentes á situación actual. Potenciaremos a cultura da mellora sistemática.

O proxecto de futuro e o plan de mellora global como marco de referencia para o cambio estratéxico. Obxectivos e accións priorizadas de forma que permitan identificar accións de mellora presentes e futuras.
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

TARIFAS

O servizo de plan de futuro empresarial ten un custo total asumido polo IGAPE de 5808 € que se financia mediante os fondos do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 784.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (de 1 a 9 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 1176.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 1568.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG 3-08-16.

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

dpi_logo