fases-cadea-loxistica-13
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVO

Competir significa ser eficientes en todos os aspectos da nosa actividade. O servizo pretende dar resposta a un gran reto:

Melloras cuantificadas

Identificación e implantación de melloras cuantificadas orientadas á eficiencia e á redución de custos na cadea loxística: produción, almacenaxe, operacións etc.

RESULTADOS

A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:

MELLORA NOS TEMPOS

Mellora nos tempos de proceso e diminución dos custos.

PEDIDO-ENTREGA

Incremento nos niveis de servizo, como os prazos de entrega, ou outros parámetros relacionados co ciclo pedido-entrega.

REDUCIÓN DE STOCKS

Redución dos niveis de stocks e produtos obsoletos.

PLANIFICACIÓN E PROGRAMACIÓN

Mellora na planificación e programación das actividades e equipos, picking etc.

AUTOCALIDADE

Mellora dos niveis de xestión e autocalidade.

CAPACITACIÓN

Capacitación do persoal da organización para a extrapolación interna de proxectos de mellora no eido da loxística, produción, distribución e almacenaxe.

MELLORA DAS CONDICIÓNS

Mellora das condicións do lugar de traballo.

COMPROMISO

Aumentar o compromiso do traballador co seu posto.

ELIMINACIÓN DE COLOS DE BOTELLA

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas e comprende aproximadamente unha duración de 2 meses:

cabeceras-servicios-12

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece o servizo de mellora da produción e a cadea loxística
Díptico do servizo de mellora da produción e a cadea loxística
Infografía do servizo de mellora da produción e cadea loxística
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

TARIFAS

O servizo de desenvolvemento de plans de acción ten un custo total asumido polo IGAPE de 5808 € que se financia mediante os fondos do rograma Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 990.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 1485.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 10 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 1980.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

As empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG-7-07-17

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

logo-perfil-teamtime-11
  • Empresa: Team And Time
  • Persoa de contacto: Mariló Morán
  • Teléfono: 981 978 786
  • Correo: gestion@teamandtime.com