cabeceras-servicios-39
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

Competir significa comunicar e posicionarnos ben. O servizo pretende dar resposta a tres grandes retos:

IMAXE

Construír a imaxe da empresa que queremos ser.

COMUNICACIÓN

Crear unha comunicación relevante, global, dirixida á acción e en tempo real.

INTERNET

Construír ou mellorar a presenza en liña da empresa.

Ambos os obxectivos apóianse na filosofía transversal do programa Re-acciona: profesionalizar a empresa, neste caso no ámbito da imaxe e a comunicación, e garantirlle que vai contar coas ferramentas necesarias e o grao de autonomía preciso para continuar o proxecto de mellora iniciado.

RESULTADOS

A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:

IMAXE

Mellora da imaxe corporativa (homoxeneidade e modernización). Formalización do sistema corporativo. Coherencia entre a imaxe proxectada e a comunicación realizada.

COMUNICACIÓN

Identificación dunha mensaxe única e diferencial baseada no verdadeiro valor da empresa. Planificación estratéxica das accións de comunicación.

INTERNET

Web ou tenda en liña autoxestionable. Mellora do posicionamento en liña. Definición dunha estratexia de redes sociais.

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas e comprende aproximadamente unha duración de 16 semanas:

cabeceras-servicios-35

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece en detalle o servizo de imaxe e comunicación
Infografía do servizo de imaxe e comunicación

ACCIÓNS

Un total de 80 horas de consultoría a disposición da empresa para o desenvolvemento en tres grandes actividades:

  • COMUNICACIÓN

    Plan de comunicación. Que contar e como contalo?

  • IMAXE

    Deseño dunha nova marca, modernización do logo, manual de identidade e aplicacións, material corporativo -folletos, catálogos, mailing, plotters, lonas, invitacións...-

  • INTERNET

    Deseño-programación web, tenda en liña, SEO, redes sociais, publicidade en liña...

Un servizo modular. A distribución das horas de consultoría adáptase segundo as necesidades reais da empresa.
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

TARIFAS

O servizo de mellora da imaxe e comunicación empresarial ten un custo total asumido polo IGAPE de 4918.05 € que se financia mediante os fondos do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 861.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (de 1 a 9 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 1291.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 1721.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG 3-08-16.

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

empresa-03
  • Empresa: Estrategia y Organización
  • Persoa de contacto: Fuencisla Cid
  • Teléfono: 986 419 922 ext. 2006
  • Correo: fcid@eosa.com