cabeceras-servicios-29
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

Co servizo búscase cubrir tres grandes obxectivos:

COMUNICACIÓN

Colaborar na efectiva comunicación do proxecto de futuro e do plan de mellora global segundo os niveis requiridos.

DESENVOLVEMENTO

Colaborar na creación dos equipos de traballo responsables da posta en marcha do plan de mellora global e da execución dun plan transversal.

SEGUIMENTO

Definir e poñer en marcha o sistema de seguimento da execución do plan de mellora global.

Dotar a empresa dos sistemas e as ferramentas necesarias para poder continuar de forma autónoma co proxecto de cambio iniciado.

RESULTADOS

A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:

COMUNICACIÓN

Equipo informado do que se quere ser como empresa e como se quere conseguir.

DESENVOLVEMENTO

Desenvolvemento do plan transversal prioritario. Lanzamento do plan transversal seleccionado colaborando co equipo responsable.

SEGUIMENTO

Análise de indicadores e metas. Deseño do panel de indicadores. Definición do modelo de seguimento. Mecanismos de coordinación. Lanzamento de reunións de seguimento.

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes fases e comprende aproximadamente 16 semanas:

cabeceras-servicios-30

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece o servizo de desenvolvemento de plans de acción

ACCIÓNS

Un total de 55 horas de consultoría a disposición da empresa para o desenvolvemento de tres grandes actividades:

  • COMUNICACIÓN

    Elaboración do plan de comunicación do PF e do PMG.
    Colaboración nunha comunicación efectiva.

  • DESENVOLVEMENTO

    Creación dos equipos de traballo que implantarán as melloras e os cambios proxectados. Selección do plan transversal prioritario. Desenvolvemento e lanzamento do plan.

  • SEGUIMENTO

    Selección de indicadores e metas. Elaboración do panel de indicadores. Definición dos mecanismos de coordinación para o seguimento da posta en marcha do PMG. Asignación de responsabilidades.
    Acompañamento en dúas reunións de seguimento.

Servizo personalizado e modular. As horas de consultoría distribuiranse de acordo coas necesidades específicas de cada empresa, co obxectivo de dar valor onde máis se necesita.
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

TARIFAS

O servizo de desenvolvemento de plans de acción ten un custo total asumido polo IGAPE de 5808 € que se financia mediante os fondos do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 1249.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (equipo mínimo 4 persoas na execución de plans)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 1873.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 10 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 2497.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

As empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG-7-07-17

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

dpi_logo