encabezado-servizos-tic2-05
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

Apertura de novas oportunidades de negocio

Creación de vantaxes competitivas

Atración de novos clientes e novos mercados

RESULTADOS

Implantación e posta en marcha de solucións de mobilidade con resultados transformadores no modelo de negocio

Unha estratexia de mobilidade e un plan operativo para facela realidade

Capacitación e soporte técnico

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas:

fases-tic-03

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece en detalle os servizos Re-acciona TIC.
Díptico do servizo de aplicación de solucións en mobilidade

Infografía do servizo de aplicación de solucións en mobilidade

ACCIÓNS

Desenvolveranse diferentes accións:

FORMACIÓN

Introdución pedagóxica ao programa, á metodoloxía e ás solucións de mobilidade

DIAGNÓSTICO E IDENTIFICACIÓN

Diagnóstico das necesidades e requerimentos da empresa segundo o seu modelo de negocio, e identificación das solucións mellor

DEFINICIÓN ESTRATÉXICA

Definición da estratexia de mobilidade adaptada á empresa

PLAN OPERATIVO

Definición das accións necesarias para implantar a solución prioritaria e o resto de medidas que conduzan a acadar unha mobilidade total

POSTA EN MARCHA

Posta en marcha das solucións elixidas segundo as necesidades da empresa

CAPACITACIÓN

Xornada de capacitación sobre a operativa das solucións

SEGUIMENTO

Seguimento das medidas implantadas na empresa para verificar que satisfacen os requerimentos fixados

Incorporamos as solucións de mobilidade mellor adaptadas á empresa para transformar os seus procesos e operacións, engadir valor aos seus produtos e servizos, descubrir novas formas de relación cos seus clientes e xerar, xa que logo, modelos de negocio máis rendibles.
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

TARIFAS

O servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade ten un custo total asumido polo IGAPE-AMTEGA de 7102,18 € que se financia mediante os fondos do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 1000.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (de 1 a 9 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 1500.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 2000.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG 26-10-16.

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

logo-perfil-inova2-23
  • Empresa: Inova Labs
  • Persoa de contacto: Adrián Rial
  • Teléfono: 986 227  135
  • Correo: a.rial@inovalabs.es
cabeceras-servicios-24