encabezado-servizos-tic-01
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

Facilitar a formación axeitada do persoal da PEME participante

Análise do grado de modernización tecnolóxica da PEME (principais necesidades/oportunidades)

Identificación das necesidades organizativas adicionais para facilitar a transformación dixital da PEME

Definición da “folla de ruta” para a implantación das solucións dixitais innovadoras recomendadas para a mellora ou optimización da xestión, produción/prestación de servizos, comercialización…

Recomendacións sobre liñas de axuda existentes no IGAPE e outras institucións para atender as necesidades da PEME

Tutorizar a posta en marcha das Accións Básicas de Autoimplantación Temperá seleccionadas

RESULTADOS

Un Informe de Diagnóstico Dixital da PEME, no que se determine o seu grado de modernización tecnolóxica, a partir da identificación das principais necesidades/oportunidades nese ámbito

Unha Estratexia Dixital en base a dous grupos de accións: Accións Básicas de Autoimplantación Temperá e Accións de melloras a medio e longo prazo

A titorización na implantación das Accións Básicas de Autoimplantación Temperá

Coñece en detalle os servizos Re-acciona TIC.
Díptico do servizo de diagnose da aplicación de solucións dixitais
Infografía do servizo de diagnose da aplicación de solucións dixitais

METODOLOXÍA

O servizo préstase mediante a aplicación dunha metodoloxía de análise contrastada (aplicada dende o ano 2004 en máis de 15.000 empresas) como é o caso do “Modelo de Madurez Dixital – eEmpresa” de CTIC, a través de tres grandes fases: “Diagnóstico Dixital”, “Estratexia Dixital” e apoio ás “Implantacións Temperás”.

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas:

fases-tic-06

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

TARIFAS

O servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa ten un custo total asumido polo IGAPE-AMTEGA de 4477 € que se financia mediante os fondos do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 150.
  • Micropemes e persoas autónomas
    (de 1 a 9 persoas traballadoras)
    (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)
  • Tarifa B

  • 225.
  • Pemes integradas nun clúster
    (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)
  • Tarifa C

  • 300.
  • O resto de pemes solicitantes
    (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG 26-10-16.

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

cabeceras-servicios-24

Empresa: UTE Estratega-CTIC
Persoa de contacto: Antonio Paz García
Teléfono: 902 052 544
Correo: apaz@estrategaconsulting.com