info.reacciona@igape.es - Tel: 981 93 93 93
O servizo pretende dar resposta ós seguintes obxectivos:
Determinar a posición competitiva actual da empresa en 22 factores de competitividade
Definir, consensuadamente, a ruta ideal do cambio. Establecer as accións para a mellora da competitividade (folla de ruta)
Colaborar na implantación das accións de mellora temperá seleccionadas
A posta en marcha do servizo pretende alcanzar os seguintes resultados:
Informe do potencial competitivo
Plans de acción / folla de ruta
Titorización
Coa implantación do servizo terá os seguintes beneficios:
Profesionalización da xestión e cohesión do equipo directivo
Visibilidade sobre a situación actual e sobre a estratexia a seguir
Transferencia de coñecemento e adquisición de novas competencias por parte do equipo directivo
Creación dunha cultura de diagnose-acción na empresa: provocar o cambio na empresa
O servizo desenvólvese ao longo das seguintes fases:
Formación ó equipo sobre o traballo e a metodoloxía
Transferencia efectiva do coñecemento
Cuestionario de autoavaliación T -H
Análise de 22 factores de competitividade: proxecto de futuro, dixitalización, mensaxe-marca, organización, financiamento…
Análise e integración de aportacións
Reunión de consenso
Reunión de accións e Elaboración de folla de ruta
Accións para a mellora da competitividade priorizadas
Accións a implantar co apoio da consultora
Implantación de accións definidas
Titorización do resto accións de mellora temperá prioritarias
Seguimento e avaliación da implantación das accións de mellora
Servizo modular: adaptado ás necesidades da túa empresa
Aplicación da metodoloxía da Matriz T-H (Técnico-Human):
Os resultados posicíonanse na matriz T-H, avaliando así o seu grao de desenvolvemento competitivo. A partir de ahí, defínese a ruta de cambio e identifícanse as accións de mellora máis axeitadas
Uso gratuito de 4 módulos do software PLAAM, a única plataforma do mercado que conxuga as ferramentas necesarias para a correcta xestión, comunicación e control dunha empresa. Conta con máis de 25 módulos
Módulos: CRM, sistema de newsletter, xestor de proxectos e xestor de tarefas
Servizo cofinanciado, hai unha tarifa para ti.
MICROpemes e persoas autónomas
PEMEs integradas nun Clúster
PEMEs
O servizo Análise de potencial competitivo ten un custo total asumido polo IGAPE de 2.868’79 euros ( en A Coruña), 2.969’92 euros (en Pontevedra), 4.657’29 euros (en Lugo), 4.657’29 euros (en Ourense) que se financia mediante os fondos do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
*Definición da PEME:
O servizo desenvólvese a través de: