Re-acciona TIC

CAPACITANDO EMPRESAS, CREANDO OPORTUNIDADES

Coñece o novo Re-acciona TIC

No 2012 o Igape puxo en marcha a primeira edición do programa Re-acciona, con once servizos de mellora da competitividade empresarial, e que na actualidade se atopa na súa terceira edición.

No 2015 a colaboración entre o Igape e a Amtega pon en marcha un novo programa baseado na filosofía do programa principal, Re-acciona TIC, e cuxa primeira edición se porá en marcha en setembro de 2016.

Este programa está centrando na mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC.
Ambos os programas, Re-acciona e Re-acciona TIC, contan co apoio da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Que define un servizo Re-acciona?

Que define a un servizo Re-acciona?

1define-01

Implicación público-privada

A posta en marcha dun servizo Re-acciona supón unha implicación da empresa no desenvolvemento do proxecto de mellora, o cal garante o éxito nos resultados. Desde o Igape e a Amtega (Re-acciona TIC) préstase un apoio económico subvencionando nun 85% o custo do servizo.

2definicion-01

Acompañamento na execución

Trátase dun servizo que se desenvolve de maneira conxunta e guiada por unha entidade colaboradora do Igape, que en todo momento está a disposición da empresa durante a duración do servizo de mellora, que pode ir dos 3 aos 6 meses aproximadamente.

3definicion-01

Aprendizaxe e autonomía

A filosofía do programa Reacciona é que a empresa se profesionalice nunha determinada área estratéxica ou operativa, e para iso a formación que se dá durante o servizo é clave para conseguilo.

4definicion-01

Consecución de resultados

Desde o comezo do servizo defínense uns obxectivos para alcanzar que se fan tanxibles ao rematar o servizo, de maneira que desde o inicio a empresa coñece que pode esperar coa súa posta en marcha.

Cales son os servizos dispoñibles?

Quen pode solicitar os servizos Re-acciona TIC?

  • Micropemes e persoas autónomas (tarifa A)

    • (de 1 a 9 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Pemes integradas nun clúster (tarifa B)

    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 10 millóns de euros)

  • Outras pemes solicitantes (tarifa C)

    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 10 millóns de euros)

Presentación dos servizos Re-acciona e Re-acciona TIC.

Un visión completa de todo o programa.