Xornada Técnica Re-acciona: Lean no contorno 4.0, organización e tecnoloxía

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada Técnica Re-acciona: Lean no contorno 4.0, organización e tecnoloxía

September 29 @ 09:15 - 13:30

xornada2909

Lean no contorno 4.0, organización e tecnoloxía. Identifica o teu itinerario da túa organización. A industria 4.0 non é un paquete de software a implantar, senón unha transformación da empresa tanto no tecnolóxico como no organizativo, todo cambia. A decisión de camiñar cara á industria 4.0 é estratéxica, de longo alcance e impacto, que require a integración das súas tecnoloxías base na cadea de valor. Cada empresa debe definir a súa propia folla de ruta. A industria 4.0 non substitúe ao Lean Manufacturing, senón que o complementa, por tanto nesta formación, farase especial fincapé na dualidade organización/industria 4.0, axudando a detectar os pasos inmediatos para cada organización, nos seus aspectos organizativos e tecnolóxicos para alcanzar a industria 4.0.

DIRIXIDA A…

Persoal directivo e responsables de departamentos en empresas do sector industrial, produción e fabricación, o Igape convídao á xornada técnica Re-acciona que terá lugar o vindeiro venres 29 de setembro nas súas instalacións en Santiago de Compostela.

PROGRAMA

// 9.15 Recepción de asistentes

// 09.30 Introdución e presentación da Xornada
Paz López Moure. Técnico. Team&Time

// 09.40 Relatorio
A industria 4.0 e as súas tecnoloxías habilitadoras
Carlos Rodríguez González. Técnico. Team&Time

// 11.00 Pausa café

// 11.30 Relatorio
Ferramentas organizativas Lean para abordar o reto da Industria 4.0 e a súa aplicación na empresa
Juan Carlos Moral González. Técnico. Team&Time

// 13.00 Relatorio
Diagnóstico da Industria 4.0 
Paz López Moure. Técnico. Team&Time

O programa Re-acciona e Re-acciona TIC
Servizo de mellora da produción e da cadea loxística
Servizo de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0

// 13.30 Finalización da xornada técnica

Inscríbete antes do 29 de setembro!
Correo: gestion@teamandtime.com 

Tel. 981 978 786 / 674 624 747

Santiago de Compostela. Igape. San Lázaro s/n

*Prioridade nas inscricións para aquelas persoas beneficiarias do servizo de mellora da produción e da cadea loxística e do servizo de Diagnóstico industria 4.0 do programa Re-acciona e Re-acciona TIC.

Details

Date:
September 29
Time:
09:15 - 13:30

Venue

IGAPE Santiago
Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15703 Spain
+ Google Map