Xornada Sectorial Re-acciona TIC: Cando falan os números. Retos do Big Data

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada Sectorial Re-acciona TIC: Cando falan os números. Retos do Big Data

April 26 @ 10:00 - 11:00

evento-26-abril

As solucións do Big Data permiten a recompilación e a análise a gran velocidade de inmensos volumes de datos de todo tipo, co obxectivo de coñecer mellor o cliente. A velocidade desta transformación é unha das máis elevadas debido ao seu inmenso potencial, polo que é vital coñecer como afecta esta dixitalización á peme e como pode impulsar o tecido empresarial da nosa comunidade.

DIRIXIDA A…

Persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector, o Igape e a Amtega convídano á xornada sectorial Re-acciona TIC que terá lugar o vindeiro mércores 26 de abril nas instalacións de Gradiant (Edificio Citexvi, Campus Universitario de Vigo – 36310), en Vigo.

PROGRAMA

// 10.00 Presentación institucional
Luis Pérez. Director Xeral. Gradiant
Representante. Cluster TIC
José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP
Jaime Vázquez Oliván. Departamento de Innovación Tecnolóxica. Amtega

// 10.10 Relatorio marco

Axudando a descubrir o valor dos datos
Guillermo López. CEO & Co-founder. Torusware

// 10.30 Caso de éxito de Re-acciona
Experiencias Re-acciona

Santiago Cabaleiro. Responsable de Valor de Persoas. Grupo Visual MS (Gañadora dos Best Workplaces 2017)
Enrique de Miguel.CEO.2MARES

// 11.00 O programa Re-acciona TIC: servizos para o fomento da economía dixital nas pemes
Eladio Otero. Xefe de Innovación Tecnolóxica. Amtega
José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP

// 11.20 Rolda de preguntas

// 11.40 Networking

Queres transformar a túa empresa a través das novas tecnoloxías?
Inscríbete antes do 26 de abril!
Correo: comunicacion.reacciona@igape.es // Tel. 986 419 922
(ext.2030)

Details

Date:
April 26
Time:
10:00 - 11:00