Xornada Sectorial Re-acciona: Hostalería e contorna dixital: novos retos, novas oportunidades

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada Sectorial Re-acciona: Hostalería e contorna dixital: novos retos, novas oportunidades

February 20 @ 10:00 - 11:40

xornada_200218
As novas tecnoloxías están a transformar os sectores máis tradicionais, e a hostalaría e a restauración non son unha excepción. Hoxe en día é unha obriga coñecer a contorna dixital se queremos dar resposta ás novas esixencias e necesidades dos clientes. Coñecer e dominar as ferramentas que ofrece a dixitalización é vital, non só para atraer novos clientes, senón para fidelizar os xa existentes.

DIRIXIDA A…

Dirixida a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector, o Igape convídano á xornada sectorial Re-acciona que terá lugar o vindeiro martes 20 de febreiro nas instalacións da Asociación Hostelería Compostela (Rúa das Salvadas, 29, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña).

PROGRAMA

// 10.00 Presentación da xornada
José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP

Representante. Asociación Hostalería Compostela

// 10.10 Relatorio marco
Ramón Baña. Director Xeral. OCA Hotels

// 10.40 Caso de éxito Re-acciona
Experiencias Re-acciona
Sabela Ruiz. CEO. Galiwonders

// 11.00 O programa Re-acciona: servizos para a mellora da competitividade das PEMES en Galicia
José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP

// 11.20 Rolda de preguntas

// 11.40 Networking

Queres mellorar a competitividade da túa PEME?
Inscríbete antes do 20 de febreiro!
Correo: comunicacion.reacciona@igape.es // Tel. 986 419 922
(ext.2004)

Details

Date:
February 20
Time:
10:00 - 11:40

Venue

Asociación Hostelería Compostela
Rúa das Salvadas, 29
Santiago de Compostela, A Coruña 15705
+ Google Map