O Igape acaba de publicar a primeira convocatoria de 2019 de servizos orientados ás empresas que queiran mellorar a súa competitividade a través da integración das tecnoloxías 4.0.
Nunha xornada interactiva con demostracións das posibilidades reais destas tecnoloxías achegaranse as novidades e os casos de éxito dos tres servizos 4.0 dispoñibles.
Persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector (xerentes, produción, loxística, sistemas…) o Igape convídano á xornada Re-acciona TIC/4.0 que terá lugar o vindeiro martes 5 de febreiro nas súas instalacións en Santiago de Compostela (sala da Biblioteca do Igape-complexo Administrativo de San Lázaro, s/n-)
// 09.15 Recepción de asistentes
// 09.30 Servizo Diagnóstico 4.0
Queres avanzar hacia a industria 4.0 e non sabes como?
Axudámosche a elaborar o teu itinerario
Francisco Plaza. Team and Time.
// 09.45 Servizo Solucións Industria 4.0
Como abordar os desafíos da Industria 4.0?
Apoiámoste na posta en marcha de solucións tanxibles de industria 4.0
Pablo Coca. Fundación CITIC.
// 10.00 Servizo de xeración de modelos e simulación industrial
Xera e testea o teu modelo produtivo
Daniel Prieto. Soltec Ingenieros
// 10.15 Café interactivo: demostración de tecnoloxías 4.0
// 11.30 Finalización