info.reacciona@igape.es - Tel: 981 93 93 93
O Igape oferta a realización de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de empresa dixital e Industria 4.0 a pemes galegas co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Toda a información:
Escolle o servizo que desexes realizar
Once servizos Re-acciona xa dispoñibles.
Cubre o formulario
Preinscríbete cos teus datos e presenta a solicitude.
Confirmación do servizo
Poñerémonos en contacto para comunicarche a resolución do servizo e poder comezar a executalo.
Accede á oficina virtual do Igape, http://tramita.igape.es, e pulsa en “Confección de solicitudes (Cuestionarios)” (se non é usuario da web do Igape, pediránselle uns datos básicos de rexistro).
Identifica a túa empresa (só se é a primeira vez que fas unha solicitude no Igape).
Selecciona o programa Re-acciona na pestana de axudas, mediante o formulario en liña “IG236.2016.2″.
Cubre o formulario de solicitude, seleccionando o servizo desexado, e presenta a túa solicitude (fisicamente -nos rexistros do Igape- ou telematicamente).