Bolseiros

BOLSAS PARA PROXECTOS DE MELLORA 2017

O obxecto destas axudas é a concesión de 100 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o Plan Formativo do anexo III destas bases, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa.

Os titulados incorporaranse a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a continuación realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clusters empresariais, período no que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

O programa foi publicado no DOG de 19/07/2017, o prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de setembro.

¿CANDO PODEREI INCORPORARME Á BOLSA EN CASO DE SAIR NA LISTA DEFINITIVA??

Os bolseiros se irán incorporando ós distintos destinos segundo se vaian asinando os convenios coas entidades colaboradoras, e isto podería ser en calquer intre durante os 12 meses seguintes, tempo no que estará vixente esta lista.

SE DESEXA SOLICITAR UNHA BOLSA, PODE CONSULTAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN

Guía detallada da tramitación de solicitudes: cómo utilizar a oficina virtual do IGAPE para completar o cuestionario de solicitude.

Preguntas máis habituais recibidas no servizo de información do IGAPE.

Folleto informativo

[Ver Ficha na base de axudas]

convocatoria_bolseiro_2017