CONVOCATORIA 2017 / Re-acciona TIC

ABERTA

Agora é o teu momento

Dende o 6 de marzo ata o 31 de maio

O Igape oferta a realización de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de empresa dixital e Industria 4.0 a pemes galegas co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Toda a información:

COMO É O PROCESO DE SOLICITUDE DUN SERVIZO?

proceso-Re-acciona-01

Escolle o servizo que desexes realizar

Sete servizos Re-acciona TIC xa dispoñibles.

proceso-Re-acciona-02

Cubre o formulario

Preinscríbete cos teus datos e presenta a solicitude.

proceso-Re-acciona-03

Confirmación do servizo

Poñerémonos en contacto para comunicarche a resolución do servizo e poder comezar a executalo.

COMO CUBRO O MEU FORMULARIO DE SOLICITUDE?

RECURSOS-04 Accede á oficina virtual do Igape, http://tramita.igape.es, e pulsa en “Confección de solicitudes (Cuestionarios)” (se non é usuario da web do Igape, pediránselle uns datos básicos de rexistro).

boton-oficina

RECURSOS-05 Identifica a túa empresa (só se é a primeira vez que fas unha solicitude no Igape).

alta-empresa2

RECURSOS-06 Selecciona o programa Re-acciona TIC na pestana de axudas, mediante o formulario en liña “IG236.2017.1″.

RECURSOS-07 Cubre o formulario de solicitude, seleccionando o servizo desexado, e presenta a túa solicitude (fisicamente -nos rexistros do Igape- ou telematicamente).

Se desexas ampliar información ou tes dúbidas no proceso de inscrición, ponte en contacto connosco.