fbpx

Teño unha idea de produto, como a protexo?

Teño unha idea de produto, como a protexo?

Falar de Propiedade Industrial é falar dun tipo de dereitos que protexen aos creadores de invencións. Desde xeito, poden desenvolver a súa actividade no mercado e contarán  cunha protección suficiente fronte a terceiros.

A situación excepcional xerada pola covid-19 abre un novo escenario para as pequenas e medianas empresas. Agora, máis que nunca, é necesario que o tecido empresarial aposte por impulsar o coñecemento dos dereitos da propiedade industrial, xa que será unha da pezas chave no proceso de transferencia de tecnoloxía.

Lograr un posicionamento máis competitivo para os teus produtos, obter unha maior rendabilidade da túa actividade investigadora ou desenvolver unha estratexia de protección van ser ferramentas clave para sobrevivir con garantías no novo escenario.

O programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, inclúe precisamente un servizo que se centra nesta mataria. É o de Protección da innovación. Logo dun traballo de información e de análise, ofrecido polo axente colaborador deste servizo, disporás dunha memoria descriptiva de patente e solicitudes de deseños industriais e preparación dos documentos de solicitude. O servizo é apto para todo tipo de pemes que desenvolvan a súa actividade innovadora técnica ou de deseño.

Queres conseguilo? Pois ata o 5 de novembro podes solicitar o servizo.  Consulta tódolos servizos que están dispoñibles!

Lembra que un dos requisitos imprescindibles para optar a este servizo é que na túa empresa haxa 3 persoas traballadoras ou máis.