fbpx

Re-acciona ofrece case 500 servizos a empresas na súa primeira convocatoria

Re-acciona ofrece case 500 servizos a empresas na súa primeira convocatoria

A nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. En concreto, vanse ofrecer un total de 449 servizos.

Os diferentes servizos ofrecerán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación rápida que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva.

En concreto, Re-acciona ofrecerá soporte personalizado en aspectos como a implantación do teletraballo, prestacións de servizos e promoción en liña, busca de financiamento e reconfiguración da oferta comercial.

Esta nova ferramenta porá a disposición do tecido produtivo galego unha base de coñecemento con información de interese empresarial, encontros explicativos en liña, guías de repostas a preguntas frecuentes e boletíns informativos periódicos.

Os diferentes servizos de Re-acciona podes consultalos aquí.

Realiza a solicitude do servizo.