A COVID-19 causou un retraso nos teus cobros?

A COVID-19 causou un retraso nos teus cobros?

O Informe Europeo de Pagos de Intrum, líder en prevención e xestión de impagos, revela que, no último ano, os retrasos nos  pagos por problemas financeiros aumentaron un 17%. Nese documento tamén se afirma que 3 de cada 10 pemes españolas non adoptaron medidas para protexer o seu negocio fronte a un declive econónico.

O escenario actual, provocado pola COVID-19 era inesperado, pero é probable que a partir de ahora, poñas en marcha medidas de prevención para evitar este tipo de situacións. Que pasos podes seguir?

Impulsar a xestión dixital das túas finanzas. Agora, máis que nunca, a tecnoloxía xoga un papel fundamental. Boa parte dos nosos clientes seguen operativos co traballo en remoto, están pendentes do correo electrónico polo que é un bo momento para optar pola factura dixital. Aforrarás tempo e custe e tamén gañas en seguridade e inmediatez.

O respecto ós proveedores, sempre presente. Cando precisas liquidez, e os bancos non facilitan financiamento, cómpre recurrir ós teus proveedores e renegociar con eles condicións e unha maior flexibilidade nas formas de pago. É un xeito de aliviar a túa tesourería. Por iso, é importante respetar sempre o pago ós proveedores para que, en situacións delicadas, como a que estamos vivindo, poidan ofrecernos unha certa flexibilidade.

Plan aforro de gastos. O ideal sería establecer un plan personalizado de reducción dos teus gastos. Para facelo, é importante acceder a informes detallados, a través dos diferentes sistemas contables. A finalidade será coñecer a orixe dos gastos e determinar onde e como podemos recortar. As estatísticas comparativas de gastos ou as particularidades de cada departamento poder ser algunhas das informacións relevantes coas que establecer un plan personalizado de aforro de custes.

Construcción de KPIs para avaliar. É importante ter unhas métricas de negocio que sexan ferramentas que che axuden a tomar decisiós. Eses indicadores poderían ser, por exemplo, a porcentaxe de facturación respecto ós teus obxectivos, ou o prazo medio de pago nas operación.