O comercio electrónico, a nova realidade trala COVID-19

O comercio electrónico, a nova realidade trala COVID-19

A nosa sociedade enfróntase a unha nova realidade, a un contexto sen precedentes na nosa Historia recente e, por iso, o tecido empresarial debe adaptarse para poder sobrevivir. Nas últimas semanas a crise sanitaria derivada da COVID-19 obrigou ós consumidores a adoptar novos hábitos de consumo, proba diso é que se incrementou significativamente o número de públicos que mercaron de xeito online por vez primeira nas súas vidas.

Os últimos estudios revelan que o comercio electrónico vai medrar máis dun 20% por iso, o comercio electrónico é un dos piares para non quedar estancados; as empresas debe desenvolver estratexias de eCommerce para que poidan adaptarse ás novas necesidades do sector.

Tódolos sectores económicos deben primar a canle online, con todo, que debemos facer polo comercio dixital en función do sector económico?

Quenes formen parte do ámbito das viaxes e da restauración deben acelerar a súa captación a través das redes sociais; pero se pertences ó sector inmmobiliario ou da automoción a túa prioridade debe ser a de traballar o engagement cos teus clientes, facer énfase nas opcións de financiamento e botar man de prezos que sexan máis agresivos.

No caso das empresas de alimentación e do fogar a actuación debe enfocarse na identificación de novos comportamentos nos consumidores. Por suposto, non debes perder de vista campañas como a Volta ó Cole ou o Nadal; e quizais ese salto á internacionalización polo que aínda non te decidiches, debería converterse unha das túas prioridades.

A banca, os seguros e a educación deben converter o online na súa principal canle de venda; así como potenciar a oferta educativa online e integrar as canles online e offline, como por exemplo, visitas virtuais.  Polo que respecta á moda, cómpre que se apliquen campañas máis fortes en rebaixas e seguir construindo vínculos co consumidor. E finalmente, a industria debe automatizar os procesos.

Outra das tendencias que imos observar é que haberá unha menor capacidade de gasto, como consecuencia da crise económica. Por iso ábrese unha nova oportunidade de ofrecer produtos faster, cheaper, better (máis rápido, máis barato, mellor).