A innovación, peza esencial para relanzarse tralo COVID-19

A innovación, peza esencial para relanzarse tralo COVID-19

A situación excepcional xerada polo COVID-19 vai obrigar a algunhas empresas a apostar polo relanzamento dos seus produtos ou servizos para poder facer fronte á tormenta e saíren ilesas.  No novo contexto, a diversificación, a innovación ó redor de novas necesidades vai ser unha grande oportunidade cando todo isto acabe. Sectores como o da saúde, o B2B ou os servizos en remoto, poden supoñer unha ocasión para o relanzamento de moitas empresas. Dous exemplos vémolos en Zoom ou Glovo, que xa se viron moi reforzados pola crise sanitaria.

Para poder lanzar produtos ou servizos innovadores o fundamental vai ser coñecer, en detalle, ós teus potenciais clientes, para iso deberás ter un listado de oportunidades. A partir dese momento poderás definir ben o problema. Posteriormente, a clave vai estar na creatividade, é dicir, no desenvolvemento de ideas e conceptos innovadores. Por suposto, é inevitable que neste proceso tamén te equivoques para que finalmente poidas validar a túa opción, ou dito doutro xeito, que escoites a opinión do público e sexas flexible.

Que beneficios obterá a túa empresa se aplicas este proceso? Transformarás os problemas en oportunidades de innovación, empatizarás cos teus clientes porque coñecerás as súas necesidades e, polo tanto, estarás deseñando a solución en colaboración con eles. Por outra parte, conseguirás orientar os teus produtos ou servizos ó que demanda o mercado e, o máis importante, serás quen de adaptarte ó cambio.

Queres ser unha das empresas que aposte pola innovación?  Permanece atent@ porque, proximamente, Re-acciona vaiche ofrecer o servizo Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.