A ciberseguridade imponse unha necesidade en tempos de excepción

captura-de-pantalla-2020-03-20-a-las-13-43-07

A ciberseguridade imponse unha necesidade en tempos de excepción

Dun día para outro a emerxencia sanitaria do COVID-19 obrigou a mudar as nosas rutinas. Moitas empresas optaron polo teletraballo e outras, aquelas que son indispensables, operan con relativa con normalidade.

De xeito paralelo, a excepcionalidade desta situación obrigou a incrementar o uso da internet e das redes informáticas, non só para o ocio, senón tamén para o traballo dende o fogar. Os expertos sinalan que en situacións tan singulares como a actual pódese incrementar a agudeza dos delincuentes cibernéticos. Con todo, cómpre ter claro que non fai falta que se produzan situacións extremas como as actuais para que afloren os ciberataques. En calquera momento poden aparecer problemas por colapsos informáticos ou secuestros dos nosos datos, por iso, a nosa empresa debe estar preparada para afrontar casos así.

Ante esta realidade o programa Re-acciona ofrecerá ás empresas o servizo Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade, que permite obter un plan adaptado a cada negocio. Concretamente, este plan recollerá o investimento necesario e as medidas de seguridade para protexer á túa empresa fronte a riscos cibernéticos. Hai moito máis que copias de seguridade ou antivirus en materia de ciberseguridade!

E é que, realmente coñeces o teu nivel de exposición ante riscos cibernéticos? É imprescindible ter unha fotografía clara dos nosos puntos débiles para posteriormente, poder tomar decisións de que facer, canto investir e en que.

Ademais de dispoñer desta información é necesario que conciencies ós teus empregados en materia de ciberseguridade. Se actúas deste xeito, poderás adoptar medidas urxentes de protección. En definitiva, contarás cunha estratexia de ciberseguridade personalizada, tanto a medio como a longo prazo, con medidas e investimentos.  Só deste xeito vas poder reducir as posibilidades de sufrir un ciberataque.

Obtén máis información sobre o servizo Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade.