Os servizos de Re-acciona Innovación vanse presentar en diferentes localidades galegas en marzo

eslc-qfx0aezczn

Os servizos de Re-acciona Innovación vanse presentar en diferentes localidades galegas en marzo

Ó longo deste mes de marzo vanse celebrar diferentes obradoiros pola xeografía galega para dar a coñecer os detalles do novo programa de Re-acciona.

Concretamente, vanse presentar os servizos de Innovación:

  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
  • Protección da innovación
  • Asesoramento para o financiamento da innovación

 

Se queres coñecer tódolos detalles, tes unha cita os días:

Martes, 10 de marzo, nas instalacións de CIS Tecnoloxía e Deseño, en A Cabana s/n, Ferrrol (A Coruña). Inscricións. 

Mércores, 11 de marzo, no Parque Tecnolóxico de Galicia (TECNOPOLE), en Avd. Edificio CEI, San Cibrao das Viñas, Ourense. Programa e formulario de inscrición

Martes, 17 de marzo, no Centro de Iniciativa Empresarial (CIE) Rúa D, Paralela 3, edificio CIE (Sala Formación). Polígono industrial A Granxa, O Porriño (Pontevedra). Progama e formulario de inscripción. 

 Mércores, 25 de marzo, na Fundación CEL (Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, El Palomar s/n) en Lugo. Programa e formulario de inscripción.  Neste caso, acudirá a Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) Patricia Argerey Vilar.

O obxectivo destes obradoiros é presentar os principais requisitos e características do programa Re-acciona e Re-acciona Innovación.

Por outra parte, vanse dar a coñecer as novidades desta convocatoria, así como resolver as dúbidas sobre a mesma e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades interesadas.