fbpx

Re-acciona mellorará as túas vendas a través do marketing dixital

Re-acciona mellorará as túas vendas a través do marketing dixital

Queres captar novos clientes?

E o máis importante! Queres lograr a súa fidelización?

O marketing dixital é unha ferramenta que pode axudarche a conseguilo. O uso cotiá de redes sociais, dos e-mails e dos anuncios na internet fixo que as pequenas e medianas empresas tiveran que lanzarse a empregar estes mecanismos para darse a coñecer e seren máis accesibles.

A nova convocatoria do programa Re-acciona, consciente desta realidade, inclúe un servizo para axudarche neste camiño, o de Marketing de contidos. O obxectivo é que a túa empresa poida definir unha estratexia corporativa de marketing dixital. Que vas conseguir? Entre outros aspectos, vas mellorar a túa imaxe de marca, ofrecerás respostas personalizadas e fidelizarás novos clientes. En definitiva, venderás mais!

Antes de nada, o servizo de Re-acciona vaiche ofrecer unha análise da túa reputación online e valorará as posibles accións SEO, para mellorar o teu posicionamento nos buscadores,  e SEM, é dicir, calquera acción de marketing, xa sexa de pago ou non.

Este servizo de Re-acciona identificará as túas necesidades e posteriormente, poderás implantar novas medidas baseadas en contidos dixitais; como por exemplo infografías, boletíns, xogos dixitais… O que se aplique será, por suposto, froito do consenso coa túa empresa.

Ademais, como parte do servizo, terás á túa disposición un plan de acción que implique e forme ó teu cadro de persoal na materia.

Que che parece a proposta? Axiña terás máis detalles da nova convocatoria de Re-acciona! Non perdas detalle das nosas redes sociais! Xa sabes, podes atoparnos en Linkedin, Facebook, Twitter, Youtube e Instagram!