Implanta a tecnoloxía na túa peme e… vende máis!

fantasy-4219731_640

Implanta a tecnoloxía na túa peme e… vende máis!

Calquera empresa, con independencia do seu tamaño, debe estar constantemente inmersa nun proceso de cambio. Atopámonos nun momento no que o tecido empresarial debe transformar a súa mentalidade e desbotar a idea de que se pode xerar negocio do mesmo xeito que se facía hai 5 anos.

Ante esta nova realidade, a aposta pola innovación é indispensable para que as pemes melloren en competitividade e poidan crear emprego de calidade. O mellor exemplo está no que foi acontecendo ó longo da Historia, xa que a tecnoloxía sempre foi da man da prosperidade. Algúns teóricos atribúen o 80% das diferenzas entre países ricos e pobres ó uso que se fai do coñecemento.

Evidentemente, as pequenas e medianas empresas non poden competir coas grandes compañías, pero si é certo que os negocios máis pequenos teñen a oportunidade de atopar cousas únicas, que xa se están facendo noutras industrias, e que poden aplicalas no seu sector. Mellorar a experiencia do cliente, expandir o conxunto de productos ou asociarse con outras compañías, son algún consellos que poden axudar a incrementar o número de vendas.

O desenvolvemento das tecnoloxías implicará unha transformación do posto de traballo e tamén unha mellora na productividade. Neste sentido, o compromiso do IGAPE é desenvolver unha formación continua, que axude ó tecido empresarial galego a avanzar e a acadar mellores resultados. Para iso, estanse ultimando tódolos detalles do lanzamento do novo programa Re-acciona. O seu obxectivo é axudar ás empresas galegas a reinventarse, día a día, para poder dar resposta a un mercado que cada vez é máis esixente. En definitiva, o que se pretende é reducir as barreiras de acceso das pequenas e medianas empresas galegas a servizos profesionais que impulsen a súa competitividade.

Permance atent@ á nosa páxina web e redes sociais!

Iremos contando tódalas novidades ó respecto.

https://bit.ly/2rgfFCC

https://bit.ly/2D5GufF

https://bit.ly/2OAcDBb