A dixitalización, garantía de supervivencia para a túa empresa

hand-4545748_640

A dixitalización, garantía de supervivencia para a túa empresa

Que nivel de dixitalización ten a túa empresa?

O feito de que unha peme acometa este proceso tradúcese nun maior aforro e en melloras importantes nas vendas e na productividade.

Estímase que máis da metade das empresas españolas, concretamente o 62% delas, aínda está nun estado intermedio ou baixo de dixitalización.

Por outra parte, un estudo revela que só o 2% das compañías dixitalizou por completo as súas operacións de compras e máis da quinta parte segue empregando o fax e o papel nos seus procesos. É máis: o 50% dos profesionais afirma que os seus coñecementos dixitais son inexistentes.

Por onde podo comezar para revertir esta situación? Por algo tan sinxelo como o aforro de papel. Estímase que ter os procesos documentais automatizados pode suponer un aforro de entre o 65% e o 80%.

Para sumarte a esta nova Industria 4.0, a túa empresa ten dúas formas básicas de facelo. A primeira delas, dende unha dixitalización total dos procesos, analizando cada dato do que acontence na cadea de producción. Ou, por outra parte, podes optar por unha dixitalización focalizada, escollendo os aspectos do proceso cuxos datos son máis relevantes extraer.

No escenario da dixitalización empresarial si atopamos sinais de optimismo: nos últimos 3 anos a metade das pequeñas compañías están encarando este proceso. O programa Re-acciona pretende non só incrementar esa porcentaxe, senón tamén acelerar o proceso para chegar a un escenario verdadeiramente dixitalizado no tecido empresarial galego.

Queres que a túa empresa forme parte do proceso?

Proximamente terás máis información!

Permanece atent@ ás redes sociais do IGAPE e á nosa páxina web.

 

Fontes:

https://bit.ly/2q97F5I

https://bit.ly/323lEaF

https://bit.ly/36kdaPD