Ciberataques: perdas económicas ou peche da miña empresa

phishing-3390518_640

Ciberataques: perdas económicas ou peche da miña empresa

A túa empresa destina recursos económicos á ciberseguridade?

Sabes que todos estamos expostos ós ciberataques se non nos sabemos protexer?

Segundo os últimos datos, o custe dos ataques de hackers ás pemes españolas tradúcese nunha media de 35.000 euros ó día. Por outra parte, o 60% das empresas vese obrigada a pechar seis meses despois de ter sufrido un ciberataque. Ademais, a reputación da empresa é outro dos aspectos afectados logo dun incidente deste tipo.

O problema da ciberseguridade é un aspecto clave para calquera empresa, sobre todo das pequenas e medianas; malia iso, o certo é que só un 36% das pemes dispón de protocolos básicos de seguridade, como por exemplo, a verificación de dous pasos para o correo da empresa.

Actualmente hai mafias organizadas de xeito empresarial, é o que se coñece como ‘crimes as a service’; pero o perigo tamén pode estar nunha memoria usb traída da casa por un dos teus empregados. Polo tanto, se a túa peme non dispón dun experto na materia, precisas axuda para identificar riscos e trazar plans de continxencia.

Precisamente para axudar ás pemes galegas ante esta realidade, a nova convocatoria do programa Re-acciona, que se lanza en novembro, inclúe un servizo específico destinado á ciberseguridade.

Proximamente terás máis información!

Permanece atent@ ás redes sociais do IGAPE e á nosa páxina web.