Optimiza a situación financieira da túa empresa co programa Re-acciona

coins-1726618_640

Optimiza a situación financieira da túa empresa co programa Re-acciona

¿Precisas realizar unha análise da situación económica da túa peme? ¿queres optimizar as túas necesidades financieiras?

O feito de realizar unha xestión apropiada das contas da empresa é un aspecto clave para poder ser competitivo no mercado actual. Non sempre dispoñemos das ferramentas axeitadas para facelo e, por ese motivo, a nova convocatoria do programa Re-acciona inclúe o servizo Mellora da xestión financiera e procura de financiamento.

¿En que consistirá? Con este servizo de Re-acciona terás a posibilidade de dispoñer dun Plan de Mellora que incluirá como mínimo, unha análise das contas de resultados e unha evolución dos últimos tres exercizos.

Grazas a este servizo, a túa empresa disporá dunha análise comparativa da súa estructura co nivel medio de empresas do sector que teñan unha dimensión semellante.

Por outra parte, obterás recomendacións que permitan asegurar o teu equilibrio no futuro. Tamén determinarás as necesidades financieiras e operacións a curto prazo, como por exemplo, a desagregación en materia de novo circulante ou o refinanciamento de pasivos.

Mellora da xestión financeira e procura de financiamento é un dos novos servizos de Re-acciona que inclúe o desenvolvemento e a implantación dun procedemento necesario para que manteñas optimizada a túa estrutura financieira.

Lembra que en novembro activamos o programa do IGAPE dirixido ás pequenas e medianas empresas de Galicia para que melloren a súa competitividade. Este servizo é só un exemplo dos moitos que vas a atopar.