Conta atrás para o novo Re-acciona! O obxectivo: mellorar a competitividade das empresas galegas

success-2917048_640

Conta atrás para o novo Re-acciona! O obxectivo: mellorar a competitividade das empresas galegas

Iniciamos a conta atrás para a convocatoria do novo Re-acciona! O vindeiro mes de novembro activamos o programa do IGAPE, dirixido ás pequenas e medianas empresas de toda Galicia, para que poidan mellorar a súa competitividade.

Re-acciona pivotará sobre catro bloques temáticos para axudar ó tecido empresarial galego. O primeiro deles é o de desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir. Nesta fase as pemes elaborarán un proxecto de futuro que lle permita acadar os seus obxectivos, en defintitiva, disporán dun itinerario personalizado de mellora.

O segundo dos bloques temáticos da nova convocatoria de Re-acciona é o de profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estructura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.

A dixitalización é outro dos aspectos ó que a convocatoria de Re-acciona adicará recursos. Definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade son algúns dos servizos que se inclúen neste bloque.

E a derradeira das temáticas é a de innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio. Neste bloque tamén haberá servizos que asesoren ó tecido empresarial para obter o financiamento que posibilite esa innovación.

Este é un adianto da nova convocatoria de Re-acciona, non perdas detalle da nosa web e redes sociais para coñecer tódolos detalles!