O paso da empresa Biscuits Galicia polo programa Re-acciona: Entrevista a Pablo Troncoso, socio administrador

caso_exito-02

O paso da empresa Biscuits Galicia polo programa Re-acciona: Entrevista a Pablo Troncoso, socio administrador

Biscuits Galicia é unha fábrica de galletas, pastas e madalenas “made in Galicia”, cunha sólida presenza tanto en España como no estranxeiro.

O seu proceso produtivo combina as técnicas de elaboración artesás da tradición reposteira galega coa última tecnoloxía no sector da pastelería. É por iso que as súas galletas e madalenas presentan un sabor único, suave e inconfundible, capaz de cativar o padal máis esixente.

Entrevistamos a Pablo Troncos, socio administrador de Biscuits Galicia para que nos achegue a súa experiencia no programa Re-acciona, concretamente, co servizo de mellora da produción.

1. Por que xorde a necesidade de participar no programa Re-acciona?

Detectamos a necesidade de reorganizar a metodoloxía produtiva para adaptarse aos crecentes requirimentos de axilidade e variedade que impón o mercado. Neste sentido, vimos no programa Re-acciona unha grande oportunidade para acometer estes cambios.

2. Como se desenvolveu o servizo solicitado?

Xunto co axente colaborador realizamos un proxecto moi completo que abarcou aspectos fundamentais da cadea produtiva, como son, entre outros: a metodoloxía de almacenamento e stock de produto terminado, a secuencia óptima de programación da produción, os cambios na metodoloxía de compras e aprovisionamentos, a eliminación de tempos improdutivos e melloras de rendemento de procesos críticos.

3. Que supuxo para a empresa o programa Re-acciona?

A participación no programa Re-acciona axudounos a repensar todos os procesos do fluxo loxístico, dende a entrega á clientela ata a compra de mercadorías. Deste xeito, conseguimos non só gañar tempo produtivo e axilidade para responder á demanda de forma máis dinámica, senón unha reorganización do almacén que tivo como consecuencia unha liberación de espazo.

 

Podes ver a entrevista completa na nosa canle en Youtube na seguinte ligazón.