Planifica o teu itinerario de mellora partindo de “Profesionais 4.0”

profesionais4-0-ultimos-dias

Planifica o teu itinerario de mellora partindo de “Profesionais 4.0”

Todas as organización teñen a necesidade de adaptarse á contorna actual, ás novas necesidade que presenta o mercado que están en constante cambio debido á evolución das novas tecnoloxías. Pero, non todas as empresas están preparadas ao mesmo nivel nin saben enfrontarse aos cambios da mesma maneira.

Aquí inflúen factores coma o talento acumulado na organización, que decide a adaptación, a capacidade de acción (financiamento) e capacidade técnica, así coma a e a cultura da empresa, que non castigue (e incluso premie) e a creatividade e innovación.

Pero axitar á organización para que supere limitacións está na base dun conxunto de iniciativas públicas da Xunta de Galicia que cómpre coñecer, xa que poden ser os fitos para conseguir unha organización adaptable e para a que mellorar sexa unha costume. Expoñemos as principais iniciativas que están abertas ou que comezarán proximamente:

  • Profesionais 4.0: ata o 7 de outubro – financia un 75% do salario de persoas que contratemos para levar a cabo un plan de mellora. É un programa flexible, no que se pode levar a cabo a contratación desde o momento en que se presenta a solicitude ata 6 meses despois da resolución (uns 9 meses nos que se pode decidir a contratación de entre unha base de datos de candidatos). Ver detalles.
  • Re-acciona: previsto para finais de 2019, acercará ás empresas a labor de asesoramento en ámbitos de profesionalización, estratexia, innovación e dixitalización. Mediante Re-acciona as empresas poden dispor de consultores especializados que deben abordar melloras modulares. Ver aquí como foi o programa ata o de agora.
  • Axudas á Dixitalización: previsto para mediados de 2020, financiará (con intensidade media superior ao 40% nas edicións previas do programa) a adopción efectiva de sistemas dixitais na empresa que teñan que ver coa interacción automática con outras empresas, dixitalización de procesos ou implantación de determinadas tecnoloxías. Ver aquí como foi a convocatoria de 2019.

 

A combinación destes instrumentos públicos reforzará o seu efecto. Por exemplo, un “profesional 4.0” pode entrar na organización ao tempo que se leva a cabo unha consultoría Re-acciona, para encargarse desde un principio do traballo que se vai realizar, e darlle continuidade. Este profesional pode propoñer máis tarde un sistema de información que se financie mediante as axudas á Dixitalización, e supervisar a súa entrada en funcionamento.

Desta forma, Profesionais 4.0 convértese nun apoio para facer aquelo que unha empresa, obre todo se non é unha gran empresa, ten dificultades para facer: dispor de alguén dedicado a preparar o futuro.