8 estratexias de email marketing para poñer en prácticas despois das vacacións

email

8 estratexias de email marketing para poñer en prácticas despois das vacacións

Chegou a fin do verán e con elo comeza unha das mellores épocas para poñer en marcha novas estratexias empresariais coas que atraer á clientela. Unha das ferramentas básicas coas que as empresas poden volver a relacionarse cos clientes tralo parón das vacacións é o email marketing.

Grazas a este tipo de marketing en liña, a través do comportamento dos subscritores poderás atopar pistas sobre que produtos ofrecerlles para conseguir a súa fidelización ademais de poder captar nova clientela, pero o éxito dependerá do tipo de estratexia que siga o teu negocio. Por iso, expoñémosche 8 estratexias de email marketing para poñer en práctica á volta de vacacións coas que poderás contactar cos teus usuarios e obter éxito:

  • Definir un target: o primeiro que debes realizar é delimitar o teu público obxectivo. Determinar a quen te queres definir e porque. Si levas anos traballando no teu negocio xa o saberás pero se o email marketing é unha nova iniciativa deberás delimitar o teu target. Pois toda a estratexia que poñas en práctica xirará ao redor dese público.
  • Dar a benvida á nova clientela: é posible que durante os meses de verán moitos usuarios se subscribiran á base de datos, por iso á volta de vacacións é o momento máis idóneo para contactar de novo dándolle á benvida aos novos usuarios e ofrecerlle ofertas en produtos ou servizos. Isto fará que poida aumentar o interese da empresa.
  • Empregar fotografía e slogan: na maioría das ocasións o sinxelo é o máis efectivo. O emprego dunha imaxe cos produtos ou servizos ofrecidos xunto con un slogan fará o email máis atractivo e conseguirá que os usuarios recorden que a túa empresa xa está de volta das vacacións.
  • Buscar a interacción cos usuarios: o email marketing tamén serve para coñecer que ofrecerlle á clientela. A mellor táctica é o emprego de enquisas, a través das cales búscase a interacción co usuario para coñecer cales son as súas necesidade. Ademais estes agradecerán que as empresas teñan en conta a súa opinión podendo incitar á compra.
  • Potenciar a captación de nova clientela: isto pódese facer de moitas formas pero unha das máis empregadas será a de apoiarse na clientela. Ofrecer premios ou descontos para aqueles usuarios que recomenden á empresa.
  • Conectar o email coas redes sociais: este pode ser un bo momento para recordar aos usuarios a existencia de redes sociais da empresa. Se se consegue atraer a atención da clientela nas redes incrementarase o contacto activo entre a empresa e os usuarios e a notoriedade da marca aumentará.
  • Limpar a base de datos: o comezo do novo ano empresarial é bo momento para organizar e limpar a nosa base de datos. Para conseguilo é necesario deseñar algunha estratexia de reactivación para aqueles usuarios que nunca abren os emails pois afectará á nosa reputación. Ademais, convén que eliminemos as direccións inválidas, pois unha alta taxa de rebotes tamén afectará á nosa reputación e á entregabilidade dos envíos.
  • Agradecer á nosa clientela: da mesma forma que é bo dar a benvida á nova clientela, tamén debemos agradecer aos novos usuarios do seu compromiso. Isto servirá como recordatorio de que a empresa sigue vendendo produtos e servizos de interese á clientela.

 

En conclusión, son moitas as estratexias de email marketing que podes poñer en práctica para á volta de vacacións, pero o mais importante será analizar o comportamento dos usuarios, pois a partir desa información, obterás pistas sobre como determinar a mellor estratexia para iniciar a campaña de marketing.

Fontes: https://bit.ly/2ZeeC5Bhttps://bit.ly/30LCATlhttps://bit.ly/2HzgSu6