Aberta a convocatoria do novo programa “Profesionais 4.0” para a contratación de recen titulados

Aberta a convocatoria do novo programa “Profesionais 4.0” para a contratación de recen titulados

Recentemente, abriuse a convocatoria da nova liña de axudas “Profesionais 4.0”, a  cal, ten como obxectivo  a incorporación, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de Formación Profesional de ata 35 anos que estean dados de alta como demandante de emprego, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial no eido da Industria 4.0.

En concreto, serán subvencionables as contratacións laborais e gastos de formación realizados por empresas e organismos intermedios de carácter empresarial, que estean dirixidas á execución de proxectos de mellora competitiva.

Consideraranse proxectos de mellora competitiva os seguientes:

  • Optimización financeira/mellora do circulante.
  • Profesionalización da produción e a cadea loxística.
  • Relanzamento comercial.
  •  Xestión por procesos e sistemas de xestión da calidade.
  • Imaxe e comunicación empresarial.
  • Deseño e desenvolvemento da estratexia empresarial.
  • Identificación e desenvolvemento de redes de cooperación e socios.
  • Innovación empresarial.
  • Desenvolvemento do capital humano.
  • Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.
  • Asesoramento integral ao proceso emprendedor.
  • Dixitalización da empresa.
  • Creación de contidos dixitais.
  • Incorporación efectiva de tecnoloxía.

 

As axudas consistirán na subvención de ata o 75% da retribución bruta que perciba a persoa contratada, cun límite de ata un ano de duración. Ademais, cada entidade beneficiaria poderá optar a un máximo de cinco contratos incentivados.

Poderán ser beneficiarios deste novo programa:

a) As empresas con 2 ou máis empregados por conta allea equivalentes a tempo completo no momento da solicitude, que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

b) Os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tal a efectos destas axudas as entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa ou clusters empresariais.

O prazo de solicitude para optar a esta liña de axudas rematará o vindeiro 7 de outubro.

Para obter máis información sobre este novo programa accede á páxina web: http://www.igape.es/profesionais4.0