Queres implantar un Digital Workplace na túa empresa?

digitalworkplace

Queres implantar un Digital Workplace na túa empresa?

Factores coma os novos modelos de traballo, a necesidade constante de adaptación para mellorar a competitividade, xunto co auxe da mobilidade empresarial e o desenvolvemento das novas tecnoloxías, obrigan ás empresas a cambiar as súas contornas de traballo para adaptarse á nova realidade e ás novas necesidades.

É neste contexto no que debemos falar do Dixital Workplace ou tamén chamado espazo de traballo dixital, que se está a converter na nova realidade de mercado. Este termo fai referencia á integración dos procesos dunha empresa con ferramentas dixitais  a través de aplicacións de móbiles, Big Data ou Internet das Cousas.

Dispoñer dun entorno de traballo conectado repercutirá de maneira significativa en todos os procesos da compañía.

Entre as principais razóns para implantar un Digital Workplace destacamos en primeiro lugar que os empregados estarán máis comprometidos coa empresa, debido a que dispoñerán dos recursos necesarios para traballar de maneira máis produtiva. Traballar nun entorno dixital e integrado con todos os sistemas proporcionará unha visión máis real de todos os procesos e axudará a tomar mellores decisións.

Ademais, contar con este tipo de entorno na empresa conseguirá atraer e reter o talento, pois cos novos usos e costumes da nova xeración dixital, as empresas deberán adaptarse aos novos modelos de traballo porque, pola contra, deixarán de ser atractivas para futuros profesionais.

Outros dos beneficios que obterá a empresa será unha mellora na seguridade. Pois xestionar de maneira integrada todas as áreas dixitais do negocio facilitará o control de accesos da información sensible ademais de ser máis rendible o establecemento de departamentos específicos de seguridade.

Tamén podemos expoñer como outra das razóns a flexibilidade da xornada laboral, pois con este novo modelo os empregos se deslocalizarán, podendo traballar desde calquera lugar. Isto será outra das razóns para a atraer e reter o talento.

E por último, é a redución dos custos, debido a que grazas aos servizos na nube moitas empresas poden reducir o tamaño das súas oficinas ao traballar os empregados desde a súa propia casa.

En definitiva, o Digital Workplace, será clave para que as empresas sigan crecendo e desenvolvéndose en contornas innovadoras e competitivas. Implantar este tipo de espazos de traballo permitirá mellorar a produtividade ao conseguir unha mellora na administración do tempo e dos recursos, sendo un antes e un despois na xestión das empresas.

Fontes:https://bit.ly/2YBlmGjhttps://bit.ly/2YlGmp9https://bit.ly/2OXGBPp