Cinco consellos de ciberseguridade para protexer a túa peme durante as vacacións

ciberseguridad

Cinco consellos de ciberseguridade para protexer a túa peme durante as vacacións

Agosto é o mes de vacacións por excelencia.  Chega o momento máis esperado por moitos para relaxarse e, como é lóxico, a actividade das empresas baixan durante esta época.

O verán é unha época propicia no que se descoidan os protocolos de seguridade, báixase a garda coas actualizacións das medidas que aseguran a protección dos datos entre outras cousas, polo que se converte nun período no que calquera empresa pode ser vítima de ciberameazas.

Por iso, para que os días de descanso se poidan tomar con tranquilidade esixe poñer en marcha varias medidas de seguridade que protexan os negocios. A continuación expoñemos algúns consellos a ter en conta:

  • Protexe os teus dispositivos móbiles ante posibles perdas ou roubos: xa sexan móbiles, portátiles, etc. é importante ter a información cifrada, duplicada en copias de seguridade ou en sistemas cloud perfectamente segura por se sufrimos algún roubo ou posible extravío de ditos obxectos.
  • Evita o aceso a redes públicas ou descoñecidas: se tes que acceder á información corporativa emprega conexións 3G ou 4G e usa unha rede privada virtual, non redes compartidas coma as wifis públicas. Ademais, nunca accedas á datos da empresa desde un terminal público, senón que debes empregar os teus propios dispositivos. E recorda cambiar os contrasinais en canto poidas conectarte a unha rede segura.
  • Comproba a túa copia de seguridade: aínda que é evidente, debemos recordar a importancia das copias de seguridade para garantir a continuidade do negocio ante calquera incidencia de ciberseguridade. Por iso, é importante verificar que as copias se realicen correctamente e regularmente, ademais de asegurarse de que están nun lugar seguro.
  • Forma aos empregados: polo xeral, o verán é unha época na que uns traballadores substituirán a outros polo que debes asegurar que os empregados que queden na empresa estean ben formados. Do contrario, poderanse correr riscos innecesarios como causa do descoñecemento. Formar aos empregados en seguridade será o mellor antivirus que poida ter a túa empresa.
  • Elabora un plan de continxencias: isto non é mais que un conxunto de procedementos a seguir ante calquera posible incidente que ocorra, para que se garanta a reactivación da actividade normal da empresa no menor tempo posible para minimizar as posibles perdas. Para elo, será necesario designar a unha persoa que coñeza e saiba actuar chegado o momento.

Como podes ver, os consellos que expoñemos son bastante evidentes pero é importante telos claros posto que a clave para manter a túa empresa segura será a de anticiparse a posibles situacións de risco.

Polo tanto, despois de ler isto, vas a poñer en práctica algunha destas medidas de seguridade este verán?

Fontes: https://bit.ly/2SVv1q5https://bit.ly/2GSYWKPhttps://bit.ly/2SVwZGZ