O paso da empresa Inercial Performance polo programa Re-acciona TIC: Entrevista a Ramón Lago, xerente

reacciona-tic

O paso da empresa Inercial Performance polo programa Re-acciona TIC: Entrevista a Ramón Lago, xerente

Inercial Performance é un empresa fabricante de máquinas isonerciais, cunha tecnoloxía aplicada ao deporte de alto rendemento. Son pioneiros nunha das tendencias máis novidosas da forza. O seu obxectivo é deseñar as mellores máquinas de adestramento inercial do mercado.

Entrevistamos a Ramón Lago, xerente de Inercial Performance para que nos achegue a súa experiencia no programa Re-acciona TIC, concretamente, co servizo de aplicación de aplicación de solucións de mobilidade

1.  Por que xorde a necesidade de participar no programa Re-acciona TIC ?

Éramos consciente de que necesitábamos aprender do ámbito empresarial e aproveitar todas as oportunidades que se presentasen para conseguilo. Por iso, buscábamos implantar unha ferramenta de xestión de stock, fabricación e custos (entre outros) que, a súa vez vez, integrara un proceso de certificación externo.

2.  Como se desenvolveu o servizo solicitado?

Grazas ás reunións periódicas desenvolvidas co o axente colaborador, creouse esta ferramenta en rede á que ten acceso non só o persoal, senón tamén outras persoas relacionadas coa empresa. Agora todos os axentes implicados dispoñemos dunha información actualizada constantemente.

3.  Que supuxo para a empresa o programa Re-acciona TIC?

Grazas á participación no programa, demos un paso máis no noso proceso de crecemento e desenvolvemento como peme.

Agora disponemos dunha ferramenta en rede que nos permite ter información de forma rápida, ordenada e de fácil acceso para quen lle interese. Isto facilita que poidamos debuxar un mapa interno no que somos conscientes do estado da situación da empresa en tempo real.

Podes ver a entrevista completa na nosa canle en Youtube na seguinte ligazón.