O sistema pull, a maneira de fabricar máis vantaxosa para as pemes?

pull

O sistema pull, a maneira de fabricar máis vantaxosa para as pemes?

Seguindo os principios da filosofia Lean cada vez son máis as empresas que optan polo sistema de produción á demanda, tamén chamado sistema pull. Esta forma de fabricar ten unha correlación co Inbound Marketing, unha metodoloxía que aplica as técnicas do marketing para atraer á clientela.

A planificación da produción seguindo o sistema pull baséase en fabricar so o que demande a clientela, por iso, as empresas que empregan esta estratexia obteñen varios beneficios sendo un dos principais a eliminación de exceso de inventario xunto cos gastos xerais necesarios para administrar ese exceso. Ao non realizarse unha sobreprodución reduciranse os gastos de almacenaxe, así coma os costes derivados do transporte das mercancías.

De feito, ao reducir o stock dispoñible, outro dos beneficios será a optimización dos recursos que si están dispoñibles, o que se traducirá nunha mellor amortización dos mesmos.

Ademais, as empresas que empregan o sistema pull, contan cunha maior flexibilidade á hora de producir, posto que poderán responder rapidamente aos cambios da demanda. Por iso, en relación a isto, contan con unha maior satisfacción da clientela, xa que os produtos que fabricarán serán especificamente para satisfacer as súas solicitudes e necesidades.

Outro dos beneficios, será o aumento da calidade dos produtos. Ao fabricar en pequenas cantidades os posibles problemas que poidan surxir na produción identificaranse e resolveranse de maneira máis rapida, mellorando a calidade dos produtos que ofertan as empresas.

Un quinto punto a destacar como beneficio será a mellor planificación. Este sistema de fabricación permite recompilar datos do fluxo de traballo asi coma o medio de tempo para a realización das tarefas. Isto, en combinación co emprego da simulación dará un prognóstico sobre a cantidade de traballo que pode procesarse nun período de tempo determinado.

Finalmente, non nos podemos esquecer do factor medioambiental. Vender antes de fabricar supón non ter stock que eliminar favorecendo a eliminación de residuos.

En conclusión, a fabricación baixo demanda presenta moitas vantaxes que non só poden aproveitar as grandes empresas senón que cada vez existen mais pemes que empregan o uso do marketing dixital con produtos aínda non fabricados para estudar o mercado e levar a cabo o sistema pull.

Fontes: https://bit.ly/2XZxQqQhttps://bit.ly/2JV6HR1https://bit.ly/2LvaqYy